Un caderno sobre receitas.
Arbore feita polo equipo de Medio Ambiente de Aguiño.Con isto deséxovos un feliz 2008.
En primeiro lugar agradecer a presentación que me fixo Inés. Eu tan so son unha mestra que me gusta o meu traballo. Tamén me gustaría puntualizar que eu fun mestra no colexio de Iago, pero que estaba a maior parte do tempo no Módulo de Ocupacional cos/as maiores. Quería ensinarvos o blog que fixemos daquela, no 2004, cando apenas había centros con cadernos na rede. A maioría das fotos xa están caídas, é unha pena, pero entón funcionaba moi ben, e os rapaces e rapazas emocionábanse cada vez que alguén facía un comentario. O blog contaba as receitas que faciamos nun obradoiro que se facía de cociña. Tiñamos outro caderno que o usaba quizáis máis internamente (digo dentro do centro) : buscaba obras de arte e logo xogaba con eles/as como se foran espellos e me tiñan que ir contando o que veían. As veces conectaba cas súas emocións dun xeito que non era capaz de conseguir con outros recursos.Rapaces e rapazas que lles custa expresarse oralmente, movían as mans, abrían os ollos,...moldeaban expresións dun xeito corporal que me indicaban que algo no seu interior se estaba movendo. Non dou atopado este caderno de espellos, supoño que xa o darían de baixa, unha mágoa, pero eu me quedo co vivido entón, con todo o que me ensinaron.
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
ResponderEliminar